Saturday 18 de May de 2024

Os nenos, nenas e adolescentes da Laracha definen o futuro Plan Local de Infancia e Adolescencia


Conselleiros/as deste Espazo de Participación fixeron diagnosticaron as necesidades do noso municipio en materia de infancia e realizaron propostas para abordalas no futuro Plan de Infancia e Adolescencia de Laracha

Tras o primeiro encontro do 20 de xuño, no que os nenos, nenas e adolescentes tomaron “posesión” como “conselleiros/as” do Espazo de Participación de Nenos, Nena e Adolescentes, celebrouse un segundo encontro no que comezaron a traballar na mellora da Laracha.

Ao encontro, que tivo lugar o día 18 de xullo na Biblioteca Municipal da Laracha, asistiron un total de 20 conselleiros/as no que realizaron unha serie de dinámicas participativas coa intención de validar a diagnose da situación da infancia e da adolescencia e o I Plan Local de Infancia e de Adolescencia. Para isto, contaron con unha serie de dinámicas nas que se pretendía que abordasen estas cuestións a través de actividades que permitisen mesturar o baile, o xogo e o debuxo coa identificación de necesidades, a planificación e o diálogo.

Así, resaltáronse aspectos negativos e positivos do municipio, así como posibles actuacións para conseguir una mellor situación para todas as idades, pero en especial para eles e elas. Como tal, destacaron como aspecto positivo a convivencia existencia entre a veciñanza: “Encántame moita xente que é veciña miña sexan moi amables, que nos intentemos botar unha man sempre”. Do mesmo xeito, destacáronse os espazos naturais do noso municipio.

Seguidamente, como cuestións a atender, sinaláronse a importancia dun espazo público máis seguro para poder camiñar e recorrer en bici e máis bonito, verde e colorido e no que, especialmente nos parques, conten con equipamento para todas as idades. Por último, estableceuse en todo momento a importancia de que a participación sexa a característica principal para a posta en marcha destas melloras, como foi no caso da opción dos murais artísticos: “Podemos facer que teñamos paredes máis bonitas e que un artista debuxe algo precioso, pero temos que tamén facer que todos nos sintamos identificados con debuxo, teremos que decidilo todos”.